Dez directores de prisións visitan a Casa do Concello de Lugo
# Venres, 25/01/2008
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello, acopañado polo Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, a un grupo de dez directores de prisións que se reuniron na cidade para analizar e poñer en común sus experiencias coa normativa penitenciaria.
Trátase dunhas xornadas organizadas pola Subdelegación do Goberno en Lugo á que asisitiron directores de prisións de Galicia, Asturias, Santander e Extremadura.
O mandatario municipal deulles a benvida e aproveitou a ocasión para “agradecerlles o seu labor, sobreto ó tratar de devolver os presos á sociedade en mellores condicións, como un ciudadán máis en dereitos e deberes”.
Como recordo do municipio, os asistentes á recepción recibiron o libro Poetas de Lugo e un pin da Muralla.
Compartir: