Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa dos Almorzos Saudables continúa esta semana en catro colexios


# Domingo, 27/01/2008


A quinta edición do programa de Almorzos Saudables posto en marcha pola Concellería de Servizos Xerais continúa esta semana en catro colexios lucenses e nos que particiaparán 302 pequenos.

O luns serán os escolares do Colexio Infantil Fingoi os que gocen dun almorzo saudable. O Colexio Anexa os acollerá os días 29 e 30 de xaneiro. O xoves, 31 de xaneiro continuarán no Colexio Manuel Mallo Mallo e rematarán a semana no Colexio Sagrado Corazón.

Este ano están inscritos nesta iniciativa do Concello de Lugo, todos os colexios da cidade, arredor de 25 entre públicos e privados, e participarán 2.173 rapaces de entre 6 e 8 anos pertencentes aos cursos de primeiro e segundo de primaria.

Esta campaña, que continuará ata o vindeiro 26 de marzo, está realizada para promocionar os hábitos saudables entre os escolares e ensinarlles a importancia que ten un bo almorzo para render con bo ritmo todo o día .

O programa seguirá a mesma dinámica que en edicións anteriores, e ofrecerase aos máis cativos cereais, froita, leite e cacao, que coma o ano pasado será das tendas de comercio xusto.

Como en anos anteriores, repartiranse entre os rapaces lápices e bolígrafos do programa, así como xogos didácticos. Nesta ocasión regalarase tamén unha taza para o almorzo coa mascota Cunquín. O Concello quere así colaborar no coidado do medio ambiente e evitar o uso de materiais non reciclables ou contaminantes no desenvolvemento deste programa con tan boa acollida en toda España.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova