Imprimir

ARQUELINO, SERVIDOR DE DOS AMOS CHEGAS ÁS TABLAS DO AUDITORIO MUNICIPAL


29/1/2008 É a sexta representación da VIII Mostra de Teatro Clásico

O Teatro da Abadía achegará ó público lucense Arlequino, servidor de dos amos de Carlo Goldoni, dentro da VIII Mostra de Teatro Clásico organizada pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.

Os asistentes poderán disfrutar coa obra maestra do dramaturgo veneciano considerado como un dos pais da comedia italiana.

En Arlequino, Servidor de dous amos, o autor oscilou entre o emprego dos personaxes característicos da commedia dell´Arte e a búsqueda dunha comicidade máis discreta e cotidiana. Narra o enfrontamento entre servidor e amo e a mestizaxe do entorno urbano dando pé a falar de temas relacionados coa inmigración.

A mostra rematará mañá co Avaro de Molière poñendo fin ó ciclo que comezou o pasado 22 de xaneiro e que ó longo de 7 días achegou á cidade grandes obras dalgúns dos mellores autores clásicos.