Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello ó CB Breogán, recente gañador da Copa Príncipe


# Martes, 29/01/2008
O equipo lucense acadou o triunfo ante o Alicante

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Salón de Plenos ó Club Baloncesto Breogán, equipo que logrou ante o Alicante a súa primeira Copa Príncipe.

López Orozco felicitou a directivos, técnicos e xogadores e alabou o seu traballo en equipo para alcanzar a victoria. “É un orgullo para a cidade contar co gañador da duodécima edición da Copa Príncipe, trofeo que ostentan grandes equipos da ACB”. O Alcalde animou ó conxunto lucense a loitar polo ascenso á máxima categoría do baloncesto español.

Ademáis o Alcalde indicou que o Concello seguirá apoiando o deporte de élite, pero sobretodo ó deporte base, xa que é a canteira dos grandes equipos da cidade. Referíndose ós xogadores engadiu que “sodes o espello da xuventude lucense, cando os rapaces ven a camiseta do equipo tan ben defendida ven un modelo a imitar”.
Pola súa banda, o presidente do CB Breogán, afirmou que “este é o primeiro dos éxitos que o equipo dará á cidade, xa que queremos poñer a Lugo onde hai que poñela”.

A modo de recordo, o Alcalde entregou ó presidente do equipo unha figura de Sargadelos é ós xogadores e técnicos do equipo un pin da mosqueira e o libro Crónicas de Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova