Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ofrece formación para a obtención do certificado de profesionalidade de auxiliar de axuda a domicilio


# Martes, 29/01/2008
Os cursos forman parte do proxecto Lugo, Cidade próxima

A Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organizará grupos de formación para a obtención do certificado de profesionalidade de Auxiliar de axuda a domicilio convocado recentemente dentro do proxecto de inserción sociolaboral Lugo, Cidade próxima. Esta proposta inclúese nos Programas Operativos para o fomento do emprego subvencionado polo Fondo Social Europeo a través do Ministerio de Administraciones Públicas.

No proxecto desenvolvéronse once accións formativas, catro delas orientadas a servizos de proximidade: Cuidados paliativos: enfermedades crónicas e dexenerativas, Técnico Auxiliar de Xeriatría, Asistencia Integral ó Maior e Novas Tecnoloxías aplicadas á atención do maior. Un total de 19 persoas, que remataron as mencionadas accións, foron admitidas para a realización das probas para a obtención do certificado de profesionalidade na ocupación Auxiliar de Axuda a Domicilio.

O obxectivo destas probas é que as persoas dispoñan dunha certificación oficial e con validez a nivel nacional, que acredite a competencia profesional que efectivamente posúen, e que adquiriron mediante a experiencia laboral ou mediante aprendizaxes non formais. A obtención do certificado de profesionalidade contribuirá a aumentar as súas posibilidades de inserción sociolaboral.

O obxectivo deste curso organizado pola Concellería de Emprego é o de repasar e actualizar os contidos teóricos e prácticos necesarios para adquirir os coñecementos, destrezas e actitudes vinculadas ás competencias profesionais que se lles esixe nas probas para a obtención do certificiado de profesionalidade.

Organizaranse dous grupos de formación, un con horario de mañá e outro de tarde para así facilitar a asistencia de todas as persoas interesadas. A xornada de formación será de luns a xoves e constará de 12 horas semanais.

Os interesados en obter máis información poden dirixirse á Escola para o Emprego do Concello de Lugo sita na Avenida da Coruña 177, 982 297 361, 982 297 362 ou no teléfono de atención ó cidadán 010.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova