Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 200 persoas participaron no Proxecto europeo Lugo Social liderado polo Concello de Lugo


# Martes, 29/01/2008
O programa forma parte da Iniciativa Comunitaria Equal e conta cunha inserción laboral de preto do 50% na primeira fase

O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, asistiron hoxe á clausura do proxecto Lugo Social. Neste programa, encadrado no Eixo 1 do Programa de Iniciativa Comunitaria Equal España e liderado polo Concello de Lugo, participaron preto de 200 persoas.

En Lugo Social destacou a ampla participación de mulleres, foron 105, con respecto aos homes que só foron 94, e tamén o número de inscripcións iniciais, que superaron as 450. As persoas que non resultaron beneficiarias finais recibiron asesoramento, e orientación para o emprego, ou foron derivadas a outros servizos do propio Concello.

Dos 199 beneficiarios do programa, 134 eran españois e 64 inmigrantes, 18 persoas tiñan algún tipo de discapacidade, e 21 pertenecían a minorías étnicas.

Para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral as mulleres con fillos menores recibiron axudas para garderías e comedores escolares por un importe total de 5.106 euros.

Durante toda a duración do programa realizouse un seguemento persoalizado da evolución da empregabilidade do beneficiario e ao remate comezou a intermediación laboral para procurar a inserción no mercado laboral.

A inserción laboral nas dúas primeiras fases foi do 45%. A terceira fase rematou no mes de decembro de 2007, e nestes momentos se está comenzando a intensificación da intermediación laboral da mesma.

Lugo Social estivo integrado por empresarios, ONGs e Sindicatos, como:
- Universidade de Santiago de Compostela
- Cruz Roja
- Fundación Mujeres
- Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI)
- Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)
- Asociación de Empresarios del Polígono do CEAO
- Asociación de Mujeres Empresarias de Lugo (AELU)
- Federación de Asociaciones de padres y alumnos (FAPACEL)
- Unión General de Trabajadores (UGT)
- Comisiones Obreras (CC.OO.)
- Confederación Intersindical Galega (CIG)

A finalidade do proxecto é facilitar o emprego de persoas caracterizadas por ter diferentes niveis de vulnerabilidade social, para ofrecerlles novas posibilidades de acceso ao mercado laboral, con especial incidencia sobre a mocidade, as mulleres e os inmigrantes.

Lugo Social terá continuidade no Pacto Territorial para o Emprego asinado por este Concello coa Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. O Concello tamén apostará por iniciativas semellantes dende o novo Centro de Recursos para o Emprego, financiado en parte con fondos deste programa.

A metodoloxía utilizada para acadar o obxectivo de lograr a empregabilidade das persoas beneficiarias do proxecto, foi a implementación de itinerarios persoalizados de inserción atendendo ás diferentes problemáticas de maneira individual, e adaptando a formación á medida das mesmas.

O programa contou con tres fases, a primeira desde xaneiro a setembro de 2006, a segunda desde outubro de 2006 a xuño de 2007 e a terceira desde marzo a decembro de 2007.

Estas persoas realizaron un itinerario integral composto de cursos de formación ocupacional con 350 horas teórico-prácticas en aula e 300 horas de prácticas en empresas.

Os cursos foron os seguintes:
-Electricidade industrial
-Panadería-confitería
-Reparación de mobiliario urbano
-Cociña tradicional
-Fontanería
-Loxística e xestión avanzada de almacén
-Carpintería metálica
-Paisaxismo e xardinería de decoración
-Axudante en servizos de rehabilitación
-Operaria de fábrica de mobles de cociña.

De xeito transversal e previo á formación ocupacional impartíronse obradoiros preformativos, cunha duración de 160 horas nas seguintes materias:
-Habilidades sociais básicas
-Autoestima e motivación
-Traballo en equipo
-Grafismo e ilustración para mozos/as
-Guía de recursos para inmigrantes
-Xestión do tempo
-Busca de Emprego
-Alfabetización informática básica

Ademais impartiron módulos específicos sobre:
- Sensibilización medioambiental
- Lesións medulares
- Igualdade de oportunidades
- Contra a violencia de xénero e contra a discriminación.

En Lugo Social asináronse convenios con 45 empresas nas que os beneficiarios fixeron as prácticas dos cursos e percibiron unha beca por asistencia de ata o 75% do IPREM por un importe total que ascendeu a: 94.180,79 euros.

Transnacionalidade
O acordo transnacional leva o nome de e-social.face. Os socios trasnacionais son os proxectos Rayando la igualdad del Ayuntamiento de Trabanca (Salamanca) e Syglisis da Asociación EETAA de Grecia.

Ao longo do proxecto realizáronse 6 obradoiros de intercambio no que se analizaron as políticas que en materia de inserción socio laboral con persoas en risco de exclusión social se levan a cabo nos distintos territorios:

- First Meeting transnational e-social.face.- Atenas 10 -13 de maio 2006.-
- Second Meeting transnational e-social.face.- Lugo 27-29 novembro 2006.
- Third Meeting transnational e-social.face.- Atenas 7-9 marzo 2007.
- Reunión transnacional : Calidad social. Compromiso e ilusión de todos/as.- Trabanca (Salamanca) 17 e 18 de maio de 2007.
- Xornadas transnacionais: Muller, emprego e calidade social. Lugo 27 e 28 de setembro de 2007.
- Encontro internacional sobre Buenas prácticas en la nueva Europa social, Salamanca, Novembro 2007.

Plataformas
No proxecto articuláronse tres plataformas diferentes:
- Pola inserción de colectivos desfavorecidos
- Pola prevención da marxinalidade
- Pola igualdade

Desde estas plataformas perseguiuse:
- Posta en marcha da Escola de Pais dentro da Plataforma pola marxinalidade. Comezou dirixida aos beneficiarios do proxecto, para posteriormente extender a súa acción a todos os pais de Lugo, interesados nesta temática.

- Dentro das plataformas pola igualdade e pola inserción de colectivos desfavorecidos, realización dun estudo sobre a igualdade nas empresas. Este estudo fíxose a través dun cuestionario que a CEL, Asociación de empresarios do polígono do CEAO e Asociación de Mulleres Empresarias repartiron entre os seus asociados. Os resultados foron procesados por Fundación Mujeres.

Das reunións e traballos realizados nas plataformas decidiuse seguir no camiño emprendido polo proxecto, dándolle a continuidade necesaria para que a labor desenvolvida, non remate coa data de finalización do mesmo, senón que poida continuar máis aló do límite temporal do 31 de decembro de 2007.

Para dar a devandita continuidade e reforzar o traballo das plataformas e das estructuras e sistemas creadas no proxecto, o Concello está a poñer en marcha un Centro Integral de Recursos para o Emprego no que se centralizarám todos os programas de orientación, formación e emprego e se poderá continuar coa metodoxía implementada no proxecto Lugo Social.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova