Cargando....
Concello de Lugo
17/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acollerá a fase local de baloncesto da Compostela Cup do Camiño 2008


# Mércores, 30/01/2008
Esta competición serve para promocionar o deporte e a tradición do Camiño de Santiago entre os máis novos

O Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Coordinador de Eventos da Fundación Balogal e representante da Fundación Compostela Deporte na capital lucense, Daniel Cordido, e ao Director Deportivo do CB Estudiantes de Lugo, Cristino Menor, a fase local de baloncesto da Compostela Cup do Camiño 2008.

Díaz Grandío destacou que “este importante acontecemento deportivo servirá para promocionar o Camiño de Santiago a través do deporte en distintas cidades galegas para rematar cunha gran final en Compostela. Estas iniciativas son moi interesantes porque combinan o fomento do deporte coa difusión da nosa cultura entre a poboación máis nova”.

Lugo acollerá a súa Fase Local de baloncesto sub 18 da Compostela Cup do Camiño 2008 –organizada pola Fundación Compostela Deporte coa colaboración do Concello de Lugo- o vindeiro sábado día 2 de febreiro.

O CB Estudiantes de Lugo e o CB Sagrado Corazón na categoría feminina; e o CB Cidade de Lugo e o CB Estudiantes de Lugo na masculina, serán os equipos que busquen a súa clasificación para a Fase Comarcal nos partidos que terán como escenario o Pavillón Municipal de Duquesa de Lugo.

A primeira final celebraráse ás 10.00 horas e será a que enfronte ao CB Estudiantes de Lugo e CB Cidade de Lugo na categoría masculina. Mentres que dúas horas máis tarde comezará a final feminina entre o CB Estudiantes de Lugo e o CB Sagrado Corazón. A entrega dos trofeos terá lugar a partir das 13:30 horas e os gañadores destes encontros accederán á Fase Comarcal do Torneo.

Coa disputa desta Fase Local de baloncesto, Lugo continúa a ser unha das localidades con protagonismo da Compostela Cup do Camiño.
A principios do presente mes a cidade definiu á SCD Residencia como un dos conxuntos que xogará a Fase Comarcal de fútbol sub 19 da presente edición do Torneo. E xa na pasada edición do ano 2007, foi unha das dúas sedes da Fase Comarcal da competición.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova