Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibiu á décima promoción de estudantes de Täby do programa de intercambio de estudiantes


# Mércores, 30/01/2008
Esta iniciativa desenvólvese desde o ano 2000 entre o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e o Tibble Gymnasium de Suecia

O Alcalde, José López Orozco, recibiu aos estudantes da cidade sueca de Täby, que participan no programa de intercambio entre o centro sueco Tibble Gymnasium e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

O acto tivo lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial ás 11:15 horas. Os 27 alumnos suecos acudiron acompañados pola directora e unha profesora do centro educativo de Täby. No acto, tamén participaron o subdirector do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e un profesor.

Este grupo de estudantes conforman a décima promoción deste proxecto de intercambio de estudantes que se desenvolve entre os dous institutos desde o ano 2000.

O Alcalde manifestou a súa ledicia por esta visita que “xa se convertiu nunha tradición, despois de oito anos recibindo a todos os participantes deste programa educativo”. José López Orozco salientou o importante papel que desempeñan este tipo de actividades, pois sirven para descubrir novas culturas e pobos e destacou “como o entendemento, pois o respeto e o coñecemento mutuo serven para fomentar unha convivencia pacífica entre os europeos”.
 
Tanto o mandatario municipal lucense como a directora sueca coincidiron en destacar o éxito deste programa de intercambio, que cobra unha dimensión humana e educativa moi importante, tanto para os alumnos como para as familias de acollida e mesmo para os profesores.

Ao final do acto o Alcalde e a directora do centro sueco intercambiaron agasallos institucionais como lembranza deste encontro.

No acto tres alumnos de Täby amosaron os seus coñecementos do español e coincidiron en destacar “o calor humano que todos os lucenses lles prodigan ano tras ano”. Tanto o Alcalde como o subdirector do centro IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes coincidiron en sinalar que os estudiantes suecos que nos visitan ano tras ano forman parte da paisaxe e da poboación de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova