Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A comida do Entroido no Centro Social da Milagrosa contará con máis de 300 comensales


# Mércores, 30/01/2008
Continúa aberto o prazo de inscrición para o Concurso e Degustación de Orellas e Filloas

Unhas 320 persoas asistirán á comida do Entroido no Centro Social Municipal da Milagrosa o venres 1 de febreiro organizada pola Concellería de Muller e Benestar Social, dirixida por Carmen Basadre.

Os asistentes poderán disfrutar dun típico menú de entroido a un prezo de 6,25 euros.

Unha vez finalizada a comida, os participantes poderán divertirse no baile de disfraces con música en directo.

Ademáis Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para participar o luns, día 4, no Concurso e Degustación de orellas e filloas. Esta convocatoria está dirixida a toda a poboación, agás a profesionais da hostalería. As inscricións formalizaranse nos cinco centros sociais até un máximo de 50 persoas, aínda que o prazo oficial remata o venres.

Cada participante poderá presentar un mínimo de cinco orellas e cinco filloas, que serán xuzgadas por representantes do Concello de Lugo e da Asociación de Hostalería de Lugo.

Nesta primeira edición todas as persoas participantes recibirán un agasallo como premio pola súa participación, aínda que a gañadora será recoñecida.Unha vez finalizado o concurso, terá lugar unha degustación gratuíta de filloas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova