Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presentará o Plan Urban de Lugo ao Director de Fondos Comunitarios


# Mércores, 30/01/2008
López Orozco explicará en persoa a proposta de Lugo para obter os fondos correspondentes á Inicativa europea Urban

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, manterá mañá ás 12:30 en Madrid unha entrevista co Director Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda, José Antonio Zamora, para explicarlle en primeira persoa todas e cada unha das propostas que recolle o Plan Urban presentado polo Concello de Lugo.

Este é un paso máis por parte do principal responsable municipal no arduo camiño para conseguir que a cidade de Lugo obteña os fondos europeos do Plan Urban, iniciativa á que xa optou noutras dúas ocasións con gobernos diferentes.

Esta xuntanza permitirá que López Orozco teña a oportunidade de explicar de primeira man o proxecto, e resolver todas as dúbidas que poidan xurdir entre os representantes do Ministerio de Economía e Facenda, organismo que é quen escolle os proxectos máis interesantes para optar ao Plan.

A Iniciativa Urban, para a que o Concello solicita a máxima cantidade, máis de 16 millóns de euros, permitirá a reactivación e revitalización do Centro histórico e a posta en valor do vello cárcere como centro cultural polivalente.

Nesta ocasión a aposta do Concello de Lugo é clara, por iso o Alcalde quere aproveitar a súa presenza en Madrid na presentación da oferta turística da cidade en Fitur, para achegarse a falar cun dos principais responsables dos proxectos Urban e presentarlle o traballo do departamento municipal de economía que dirixe Sonia Méndez.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova