Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo consolida o seu servizo de comida a domicilio


# Xoves, 31/01/2008
Os menús están adaptados a dieta dos usuarios

O Concello de Lugo aprobou o pasado mércores na Xunta de Goberno Local a adxudicación do servizo de servizo de comida de domicilio á empresa Coesco Deza. Así comenza a consolidación dun programa que na súa fase piloto se iniciou en maio do 2007 e da que se beneficiaron unhas 20 persoas.

Os usuarios recibirán na súa casa un menú formado por primeiro e segundo plato, pan e un postre. Un menú que financiará case na súa totalidade o Concello por un prezo de 5,90 euros, mentras que os beneficiarios pagarán Unha cantidade simbólica de 0,50 ou 1 euro.

A comida está pasteurizada para non perder as súas propiedades, servirase a través dunha unidade móbil e directamente nos domicilios baixo a coordinación das traballadoras sociais. O servizo prestarase os 365 días do ano e consistirá na entrega dunha comida diaria que se enviará unha vez á semana adaptada ós reximenes nutricionais de cada persoa. Ademais, os usuarios continuarán contando cun microondas para calentar a diario a súa comida.

O obxectivo do Concello é de aumentar ata 40 os usuarios do servizo para continuar medrando nos seguintes anos.

Este servizo da resposta ás necesidades presentadas pola poboación maior do Concello, procurando a permanencia das persoas no seu contorno familiar en condicións dignas, así como desconxestionar o Servizo de Axuda no Fogar, liberando ás auxiliares dedicadas á preparación de comidas para adicar o seu tempo ó coidado persoal dos usuarios.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova