Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo está presente de novo na Feira máis importante de turismo de toda España


# Xoves, 31/01/2008
López Orozco e a Concepción Burgo presentan a nova web turística lugoturismo.com, as audioguías e o Centro de Interpretación da Muralla

Un ano máis o Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, achegan á Feira Internacional de Turismo, FITUR, considerada como un dos escaparates turísticos máis importantes do mundo, a oferta turística da cidade de Lugo. López Orozco salientou o importante que é o “traballo en común” rereferíndose a todo o feito polo Plan de Excelencia Turística, “a unión fai a forza”.

Nesta ocasión, coincidindo coa finalización do Plan de Excelencia Turística, logo de tres anos de intenso traballo, os responsables municipais achegan ao recinto madrileño de IFEMA onde está ubicada esta feira, tres importantes novidades relacionadas coa promoción turística da cidade de Lugo.

Trátase da páxina web lugoturismo.com que foi presentada na cidade hai só uns días, as rutas audioguiadas en mp3, que xa están dispoñibles na Oficina Municipal de Turismo, e o Centro de Interpretación da Muralla, que abrirá as súas portas en poucas semanas e que permite ao turista facer unha completa viaxe pola historia da cidade. Esta foi unha das grandes apostas do departamento de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo.

Cultura e turismo sempre da man en Lugo
O Centro de Interpretación da Muralla representa á perfección a filosofía sobre o turismo mantida polo equipo de goberno, e que xustifica a creación dunha empresa municipal de cultura e turismo que aproveite os valores culturais da cidade para atraer aos turistas de todo o mundo. Este Centro conxuga perfectamente esos dous aspectos que, segundo defendeu moitas veces o Alcalde lucense, en Lugo deben ir unidas: a Cultura e o Turismo.

O Centro, que abrirá as súas portas en poucas semanas, achega a FITUR unha nova forma de atraer ao turista mediante o coñecemento do pasado romano da cidade. O edificio, ubicado na Praza do Campo, en pleno corazón de Lugo respecta a identidade da construción que xa estaba integrada no contorno que rodea a fonte de San Vicente.

Fíxose unha adecuación do edificio en sintonía cos servizos que debe ofrecer nun espazo de 400 m2 distribuidos en catro prantas.

A baixa estará destinada á área de acollida do visitante, información e venda de servizos turísticos e culturais. Tamén haberá dous postos de información

O percorrido temático comeza xa nesta pranta e continúa nos outros pisos ata o terceiro que se dedican a unha exposición permanente da Muralla.

O Centro propón unha divertida viaxe pola cidade fomentando, por unha parte, o seu descubrimento, convidando ao visitante a percorrerla, a perderse polas súas rúas... e por outra parte, o equipamiento funciona como centro de historias e coñecementos dispostos cunha clara intención divulgativa, que proporcionan unha valiosa interpretación deste monumento Patrimonio da Humanidade.

www.lugoturismo.com
Este novo portal permite ao visitante obter información sobre a cidade en tres idiomas: galego, español e inglés. É unha plataforma de Internet onde o usuario pode atopar, dunha forma cómoda e rápida, toda a información que desexe para poder planificar a súa estancia na cidade, dende servizos de aloxamento, ou aluguer de vehículos ata a descarga de rutas ou gastronomía.

O menú principal contén información permanente acerca de como chegar, que visitar, onde durmir...

Na parte central da páxina hai oito imaxes asociadas a productos turísticos e que amosan os principais encantos da cidade.

Quen queira visitar Lugo a través deste portal de Internet disporá dun amplo apartado para facelo (Que visitar), onde atopará a información dos dez principais produtos turísticos que se ofrecen aos visitantes. O primeiro é o turismo cultural (a muralla, os museos, os monumentos…) e os outros nove son: turismo rural, natureza e aventura, peregrinaxe, Lugo accesible, golf, congresos e incentivos, turismo familiar, saúde e beleza e turismo relixioso.

As novas tecnoloxías tamén atraen turismo

Lugo presenta un novo producto neste FITUR 2008 co obxectivo de enriquecer a súa oferta cultural e para dar a coñecer a cidade e a súa muralla Patrimonio da Humanidade. Trátase dunha ruta audioguiada en mp3. Este sistema permítelle ao visitante coñecer a cidade a través da súa muralla e os seus principais monumentos.

As audioguías incorporan información de 22 puntos de interese, e levan ao visitante por Lugo presentándolle a súa historia, costumes, lendas....

Son aparellos de mp3 cun sistema audio dixital de gran calidade, que se acompañan dun folleto explicativo que axuda a identificar os monumentos e lugares que se detallan en cada locución. Están dispoñibles en cinco idiomas: galego, castelán, inglés, francés e alemán e poden alugarse por 6 euros na Oficina Municipal de Turismo.

O turismo aumentou en Lugo un 311%
Este é o último FITUR no que o Concello acode acompañado polo Plan de Excelencia Turística que comezou hai tres anos ao amparo do Plan Integral de Calidade para o Turismo Español e das súas medidas para o desenvolvemento sostible de novos destinos turísticos.

A súa xerente, Isabel Barreiro, fixo unha presentación dos resultados e cualificou de “trascendental” este plan para o desenvolevemento que viviu a cidade de Lugo.

Entre outros datos destacou o importante despegue das consultas na oficina Municipal de Turismo, pasando de 4.000 vsitas no 2004 a 45.000 no 2007.

A aposta polo turismo feita dende a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, permitiu que, dende que López Orozco é Alcalde da cidade, o turismo aumentase en Lugo un 311%.

Na mesa de presentación da oferta turística da cidade estiveron, ademáis do Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, o Director Xeral de Turismo, Rubén Lois; Gloria Barba Bernabeu, subdirectora Xeral de Calidade e Innovación Turísticas; Ramón Jesús Cortés Máñez, delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria; José Francisco Real Castro, presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo e M ª Isabel Barreiro Dono, xerente do Plan de Excelencia Turística de Lugo.

Na presentación da oferta turística de Lugo estiveron máis de dez medios de comunicación nacional, radios, televisións, xornais e televisións por internet.

Axenda de traballo
López Orozco e Concepción Burgo continuarán mañá coa súa presenza na Feira Internacional de Turismo coincidindo co Día de Galicia.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova