Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco explica o Plan Urban de Lugo no Ministerio de Economía e Facenda


# Xoves, 31/01/2008
Os apoios sociais e institucionais cos que conta o proxecto lucense serán moi valorados polos responsables do Ministerio

Que Lugo non recibise nunca un Urban e que o que presenta o Concello este ano conte co apoio de todas as institucións e forzas vivas lucenses, son dous aspectos que o Ministerio de Economía e Facenda, concretamente o departamento de Fondos Comunitarios, terán moi en conta á hora de decidir para onde vai a axuda para o proxecto este ano.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, dixo en anteriores ocasión, e hoxe reiterouno na xuntanza mantida co Director Xeral de Fondos Comunitarios, José Antonio Zamora, que “é de xustiza que Lugo reciba a Iniciativa Urban este ano”.

López Orozco mantivo unha xuntanza privada con Zamora, na que lle explicou as iniciativas que recolle a proposta e o enorme apoio que está a recibir en Lugo “de feito foi aprobado por unanimidade no Pleno, queren colaborar numerosas institucións dunha forma ou outra, e contamos coa inestimable axuda, por primeira vez, da Deputación Provincial de Lugo”.

Este feito será tido en conta polos responsables de valorar os proxectos presentados por preto de 100 cidades de toda España, e que dan moita importancia aos apoios que reciban as propostas.

“Hai que ser cautos, pero é de xustiza que teñamos Urban”
López Orozco saiu moi satisfeito desta xuntanza aínda que considera que é necesario ser cautos “non está todo feito, agora terán que valorar o proxecto, que eu considero que é extraordinario, e en maio ou xuño coñeceremos a resposta”.

O Ministerio decidiu facer públicas as cidades que contarán con Urban unha vez que pasen as eleccións para evitar calquera mala interpretación da decisión tomada.

Na visita, López Orozco entregoulle a Zamora a presentación en papel e en cd do proxecto lucense, e explicoulle os aspectos máis relevantes da proposta como é a rehabilitación do vello cárcere e a reactivación do Centro Histórico.

Esta xuntanza reflicte a aposta clara do equipo de López Orozco porque o Urban sexa concedido a Lugo logo doutros dous intentos anteriores –con gobernos diferentes- que non tiveron éxito.

A Iniciativa Urban, para a que o Concello solicita a máxima cantidade, máis de 16 millóns de euros, permitirá a reactivación e revitalización do Centro histórico, do seu comercio, un plan de mobilidade e a posta en valor do vello cárcere como centro cultural polivalente, entre outras cousas.

O equipo de traballo que dirixe Sonia Méndez comezou a traballar nesta iniciativa no mes de agosto e mantivo numerosas reunións en Madrid cos responsables do Ministerio, para non cometer erros e cumprir os requisitos esixidos para entrar nesta convocatoria.

Hoxe o Alcalde quixo aproveitar a súa presenza en Madrid, na presentación da oferta turística da cidade en Fitur, para achegarse a falar cun dos principais responsables dos proxectos Urban e presentarlle en persoa este traballo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova