Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un torneo de xadrez do entroido


# Venres, 01/02/2008
Terá lugar no Auditorio Gustavo Freire o luns 4 de febreiro

Un ano máis a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro e a Asociación Cultural Xaquedrum e o grupo El Progreso, organizan o Torneo de Xadrez do Entroido, englobada dentro do programa Xadrez para Todarrobas.

Este torneo celebrarase no Auditorio Municipal Gustavo freire o próximo luns día 4 de febreiro dende as 11:00 ás 14:00 horas e dende as 17:00 ás 19:00 horas.

O obxectivo que se persegue é dar alternativas de ocio onde poidan participar toda a familia nas épocas de vacacións e, ó mesmo tempo, crear un espacio de convivencia entre as mozas e mozos que comparten as mesmas inquietudes.

Todos os participantes xogarán cinco partidas e haberá un pequeño agasallo para eles e trofeos e medallas para os mellores clasificados nas seguintes categorías:

-Sub 8
-Sub10
-Sub12
-Sub14
-Sub18
-Familiares e acompañantes.

A inscripción é gratuita e se pode facer ata o sábado día 3 de febreiro ás 20:00 horas no teléfono 657 974 937 ou a través da dirección de correo electrónico: castruperarrobayahoo.es.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova