Imprimir

O CONCELLO DE LUGO PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DA ACCIÓN DE FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS CONÉCTATE¿EN LUGO


1/2/2008 A programación inclúe como novidades cursos para traballadores en activo e de teleformación

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, continúa co seu esforzo por promover o acceso democrático, gratuito e libre dos cidadáns ás tecnoloxías da información e da comunicación a través da participación. Por iso oferta unha nova programación na Aula Multimedia de o Castiñeiro entre febreiro e xuño.

Debido á gran acollida das edicións anteriores e ás solicitudes efectuadas polos cidadáns, a programación das actividades amplíase e desenvólvese en relación a tres liñas de actuación:
-Divulgación e capatización tecnolóxica
-Información e mellora das competencias
-Promoción da innovación

A Aula terá as súas portas abertas de 10:30 horas a 13:30 horas e de 17:00 horas ás 21:00 horas, acollendo diversas actividades que se desenvolverán en cápsulas, talleres, actividades en red, cursos específicos para traballadores en activo e cursos de teleformación. Todo isto compón unha ampla parrilla de actividades que dan a posibilidade ós cidadáns de completar o seu itinerario formativo-tecnolóxico recibindo un trato persoalizado e adaptado ás necesidades de cada usuario.

Nesta edición incorpórase como novidade os cursos destinados a traballadores en activo en horario especial de 19:00 horas a 21:00 horas , que versarán sobre aspectos relacionados co impacto de Internet na actividade profesional, a innovación e a creatividade. Daranse a coñecer novas maneiras de utilizar a Rede e a ofimática co obxectivo de ser máis eficiente e productivo: metodoloxías, tendencias, aplicacións e solucións tecnolóxicas para acadar unha ventaxa competitiva.

Ademais destinaranse catro PC´s sen restricción de horario para os seguintes cursos de teleformación: Alfabetización dixital, fotografía dixital, Internet Explorer, multimedia, open Office org Writer, Open Office org Calc, Microsoft Windows XP. Esta opción permite ó usuario experimentar unha modalidade diferente de asistir a clase.

Para calqueira consulta referente á programación pódese chamar ó 982 263 001 de 10:30 horas ás 12:30 horas ou a través do correo electrónico: castineiro@concellodelugo.org.

As inscripcións deberán realizarse chamado ó teléfono 010 do Concello de Lugo. O prazo máximo de inscripción será ata o día anterior ó comenzo da acción formativa.