Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Feira de productos típicos de Entroido xuntará a máis de 80 postos de venda


# Venres, 01/02/2008
A Praza da Soidade acollerá esta cita anual

Máis de 80 postos conforman a Feira de Produtos típicos de Entroido, que se celebrará, como é tradicional, o sábado pola mañá na praza da Soidade e que está organizada polo Concello de Lugo.

Novamente venderanse nesta feira produtos típicos destas datas, como verduras de inverno, carne de cocho e repostería tradicional, como orellas e filloas. Tampouco faltarán outros produtos tradicionais da terra, que todos os anos complementan a oferta.

A feira abrirá as súas portas ás dez da mañá e ás once está prevista a visita institucional dos membros da Corporación co Alcalde, José López Orozco, á cabeza. Nese momento entregaráselle un agasallo ós feirantes participantes.

A música das charangas Os Virtuosos do Tinto e a músíca tradicional de Cántigas e Frores porán a tono festivo a esta cita do entroido lucense.

A organización espera unha gran acollida por parte do público, tal e como sucedeu en edicións anteriores, nas que o público foi numeroso e as vendas satisfactorias.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova