Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Mostra de Teatro Clásico organizada polo Concello de Lugo consolídase ano tras ano


# Luns, 04/02/2008
Cada representación contou cunha media de 600 especatadores

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo balance da última edición da Mostra de Teatro Clásico organizada pola súa Concellería e Caixanova.

Burgo explicou que “a cita teatral está xa consolidada en Lugo e tamén está consolidándose en Galicia e no Noroeste de España e cada vez é máis coñecida”. A Concelleira afirmou que “ningunha compañía mostra problemas para vir, e incluso mandan as súas ofertas para participar na mostra”.

Na edición do 2008, mantívose a afluencia de espectadores do ano anterior: unha media de 600 por representación, ainda que houbo xornadas con maior número de espectadores: o 27 de xaneiro coa representación de El Perro del Hortelano, o martes 29 de xaneiro con Argelino, Servidor de dos amos e coa obra que comezou a mostra, Cyrano de Bergerac.

A Concelleira indicou que a media de espectadores por sesión é un verdadeiro éxito, e demostra que se está a crear unha afición polo teatro clásico entre a poboación.

Cultura no 2007
Por outra banda, Concepción Burgo fixo balance da asistencia de espectadores ás actividades culturais realizadas pola súa Concellería no ano 2007.

O Auditorio Municipal Gustavo Freire, estivo ocupado unha media de 20-25 días ó mes (agás os meses de verán que se atopa pechado) e pasaron por él entorno ós 17.000 espectadores.

Entre os espectáculos máis importantes en volúmen de asistencia, destacan o Teatro Clásico cuns 3.600 espectadores, máis de 7.000 espectadores nas actuacións do Convenio de Caixanova ou a Semana da Maxia con 2.400 espectadores.

Nas actividades que se realizaron fóra do auditorio municipal, “funcionou moi ben o festival de Interfolk con 9.000 espectadores, a programación de verano con 4.000 e a Semana da música do Corpus con preto de 6.000 espectadores”, explicou a edila.

Burgo afirmou que os eventos culturais da cidade están cada vez máis consolidados entre o público lucense pero tamén do resto de Galicia. A Concelleira afirmou que “cando vemos que o público nos responde temos máis ánimo para seguir traballando”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova