Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de cen rapaces participaron no Torneo de Xadrez do Entroido


# Luns, 04/02/2008


Un ano máis a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro e a Asociación Cultural Xaquedrum e o grupo El Progreso, celebraron o Torneo de Xadrez do Entroido, encadrado no programa Xadrez para Todarrobas, e que contou coa participación de 96 rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos, ademais de pais e nais que competiron na categoría de familias.

Este torneo celebrouse no Auditorio Municipal Gustavo Freire este luns de Entroido desde as 11:00 ás 14:00 horas e desde as 17:00 ás 19:00 horas.

O obxectivo que se persegue é dar alternativas de ocio onde poidan participar toda a familia nas épocas de vacacións e, ó mesmo tempo, crear un espacio de convivencia entre as mozas e mozos que comparten as mesmas inquietudes.

Todos os participantes xogaron cinco partidas e recibiron un pequeño agasallo por participar ademais dos trofeos e medallas para os mellores clasificados nas seguintes categorías, que resultaron:

-Sub 8: Álvaro Díaz
-Sub10: Adrián Da Silva
-Sub12: Alfonso Arango
-Sub14: Ricardo Pérez
-Sub18: Iván Astorga

E, por último na categoría de Familiares resultou gañador Pablo Gandoy.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova