Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo arrinca un novo programa de animación á lectura e contacontos


# Xoves, 07/02/2008
As actividades levaranse a cabo entre os meses de febreiro e xuño

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou un amplo programa de actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal que porá en marcha o Concello de Lugo a partir do 14 de febreiro que vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. É o segundo ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa enmarcada nas políticas de impulso da Biblioteca Municipal.

O programa anual de animación á lectura e contacontos contempla, para o primeiro semestre do ano, numerosas actividades entre o 14 de febreiro e o 19 de xuño: contacontos, sesións de teatro, de monicreques,que farán voar a imaxinación dos máis cativos.

Concepción Burgo afirmou que se trata de continuar potenciando a animación á lectura entre os nenos para fomentar os bo costume da lectura e a aproximación ó libro.

Segundo os datos do balance do 2007 da Biblioteca Municipal, están acadando moito éxito.

O servizo de préstamo a domicilio incrementouse en máis dun 100% desde o ano 2004 ó 2007, pasando de 24.443 préstamos a 47.635. Aumentaron os fondos bibliográficos da Biblioteca ata preto de 27.000 obras.

Ademais dos libros –que son maioría-, hai numerosos audiovisuais e acceso gratuíto e libre a internet. Desde os últimos catro anos, mercáronse moitos audiovisuais, que cada vez son máis demandados entre os usuarios.

Por último, o ano pasado déronse de alta preto de 800 novos socios, o 44,30% deles nenos e o 55,70% adultos, acadando un total de 7.145.
Concepción Burgo anunciou que “se realizará unha pequena renovación da sala infantil da biblioteca para facela máis cómoda e flexible para diferentes actividades, xa que non é só un lugar para ir a ler”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova