Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza o ciclo Teatro Galego en Lugo


# Xoves, 07/02/2008
Serán catro obras entre o 13 de febreiro e o 25 de marzo

O Concello de Lugo, en colaboración co Igaem, achega a cidade o ciclo Teatro Galego en Lugo. O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a montaxe de catro pezas galegas os días 13 e 26 de febreiro e o 12 e 25 de marzo.

A primeira das obras en chegar á cidade será Te has perdido el mar (versión en galego) da man de teatro Ensalle. É unha peza que trata sobre a condición do actor. Para ello presenta a tres intérpretes en distintos momentos profesionais, etapas que van da ilusión dos comezos ós altibaixos entre o medo e o éxito. A compañía revindica nesta obra o cambio do orde establecido, ainda que sexa peor. Teatro Ensalle foi creada en en 1995 en Madrid, ainda que de orixes galegos, inaugurou a primeira sala alternativa de Vigo. Os seus traballos mostran a súa preocupación plas situacións de abatemento social.

O espectáculo cómico Kamikaze chegará ás tablas do Auditorio Gustavo Freire o 26 de febreiro. Pistacatro productora de soños presenta a súa montaxe cómica na que están presentes o teatro, nuevo circo, ilusionismo e música en directo. A homenaxe a un amigo falecido é o pretexto para que o espectáculo cobre vida por medio dunhas misteriosas persoaxes, que se dan cita nunha ceremonia que repiten ano tras ano solemnemente para mostrar o seu pesar, ó tempo que defenden un modo de vida artística tan arriscado como persoal.

Xa en marzo, o día 12, Volta e dalle teatro representará Pan. Catro propostas arredor da malla, unha obra que simboliza a transformación da nosa sociedade tradicionalmente agraria nunha globalizada.

A bombilla máxica, do cineasta Woody Allen e adaotada pola compañía de Teatro do Atlántico, porá o punto final ó ciclo. A peza conta unha historia de maxia, desilusión e desesperanza de amores no seo da familia Pollack. O humor negro ten presencia nesta historia para facer reflexionar ó espectador sobre os fracasos, menos negativos do que habitualmente pinta a sociedade.
As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire os días das funcións unha hora antes dos espectáculos. O importe das entradas variará segundo a zona: zona A 8 euros, zona B 5 euros e zona C 3 euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova