O Ministerio de Defensa realizará unha campaña de información para mozos sobre as Forzas Armadas na cidade
# Xoves, 07/02/2008
O Ministerio de Defensa realizará en Lugo unha campaña informativa destinada a achegar á mocidade lucense as Forzas Armadas e presentarlles as distintas modalidades de acceso á carreira militar, especialmente dentro do Exército de Terra.
Para elo, unha furgoneta do exército percorrerá os días 8, 11, 12 e 13 de febreiro distintos puntos da cidade para repartir información e atender as solicitudes de todos os interesados.
Compartir: