Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O servizo 010 do Concello de Lugo recibiu preto de 30.000 consultas en 2007


# Venres, 08/02/2008
En menos tres anos de funcionamento incrementou en máis do doble as consultas rexistradas

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou un balance do Servizo de Información ao Cidadán 010 que empezou a funcionar o 17 de marzo de 2005.

Luisa Zarzuela destacou que durante o ano 2007 as técnicas do Servizo 010 resolveron un total de 29.308 consultas o que supón unha mostra da eficacia deste servizo, que en menos de tres anos de funcionamento incrementou en máis do doble as consultas rexistradas. A edil amosouse satisfeita “porque a poboación cada vez fai máis uso deste servizo que sirve de vía de comunicación directa entre os cidadáns e o Concello”.

Desde que comezou a funcionar o 010 rexistrou un total de 62.683 consultas que os usuarios poden realizar vía telefónica, a través do correo electrónico ou por fax.

O servizo de información municipal 010 recibiu durante o ano 2007 un total de:
- 29.308 chamadas, que supoñen un aumneto do 158% con respecto ao ano 2005;
-3.913 correos electrónicos (2.650 máis que no 2005)
- e 447 faxes, fronte aos 47 recibidos en 2005.

A edil destacou que “este servizo está plenamente consolidado e funciona como una central de comunicación multicanal áxil e fácil de usar polo que os cidadáns a empregan con maior frecuencia”.

A Concelleira explicou que o 70% das consultas recibidas a través do 010 son de carácter municipal, un 10% son avisos de averías e o 20% son de tipo extramunicipal. As consultas de carácter municipal máis comúns, segundo explicou Luisa Zarzuela, son as relativas a aprobación definitiva do PXOM, a realización de trámites do padrón municipal, os periodos de pagamento de recibos ou sobre o Punto Lumpo; así como as consultas sobre os horarios de celebración de actividades organizadas polo Concello.
Con respecto ao servizo de mensaxería gratuíto O Concello no teu móbil conta cun total de 1.737 persoas inscritas. O servizo 010 enviou preto de 12.000 mensaxes para informar das distintas actividades, convocatorias e prazos das distintas iniciativas desenvoltas polo Concello de Lugo. Luisa Zarzuela destacou que “este sistema de comunicación por sms achega aos lucenses toda a actualidade municipal dun xeito inmediato”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova