A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou unha nova guía editada polo Concello de Lugo titulada “Maiores consumidores” que vai dirixida a ofrecer ás persoas maiores información práctica sobre os dereitos dos consumidores.
A edil explicou que “a Oficina Municipal de Información ao Consumidor deseñou este manual para achegar aos maiores información útil, clara e eficaz sobre os dereitos dos conusmidores e proporcionarlles ademais, unha serie de consellos para efectuar compras e contratos de servizos con todas as garantías”.
A guía aborda temas de gran interese para os consumidores como son a telefonía móbil, as telecompras, o servizo de gas ou as baixas de contratos que precisamente coinciden cos motivos da maior parte das queixas rexistradas na Omic.
O Concello editou un total de 500 guías que se repartirán gratuítamente na Omic e nos centros sociais.