Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha guía editada polo Concello de Lugo informará ás persoas maiores sobre os dereitos dos consumidores


# Venres, 08/02/2008
Repartirase gratuítamente na Omic e nos Centros Sociais

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou unha nova guía editada polo Concello de Lugo titulada “Maiores consumidores” que vai dirixida a ofrecer ás persoas maiores información práctica sobre os dereitos dos consumidores.

A edil explicou que “a Oficina Municipal de Información ao Consumidor deseñou este manual para achegar aos maiores información útil, clara e eficaz sobre os dereitos dos conusmidores e proporcionarlles ademais, unha serie de consellos para efectuar compras e contratos de servizos con todas as garantías”.

A guía aborda temas de gran interese para os consumidores como son a telefonía móbil, as telecompras, o servizo de gas ou as baixas de contratos que precisamente coinciden cos motivos da maior parte das queixas rexistradas na Omic.

O Concello editou un total de 500 guías que se repartirán gratuítamente na Omic e nos centros sociais.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova