Imprimir

MEMBROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL ASISTEN Á ORDENACIÓN DO NOVO BISPO DE LUGO


9/2/2008

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e membros da Corporación Municipal, asistiron á ordenación episcopal e inicio do ministerio pastoral de Alfonso Carrasco Rouco como Bispo de Lugo.

Os actos oficiais arrincaron ás 11:00 horas coa celebración dunha recepción as autoridades no Pazo Episcopal, do que partiriu ás 11:30 horas a comitiva cara a catedral onde deu comezo ás 12:00 horas o acto de ordenación do novo bispo de Lugo.