Imprimir

CONTINÚA A QUINTA EDICIÓN DOS ALMORZOS SAUDABLES NOS COLEXIOS DA CIDADE


10/2/2008 A iniciativa, organizada pola Concellería de Servizos Xerais, promociona hábitos saudables entre os escolares

A quinta edición do programa de Almorzos Saudables posto en marcha pola Concellería de Servizos Xerais continúa esta semana en dous colexios lucenses e nos que particiaparán 257 pequenos.

O luns e o martes serán os escolares do Colexio Rosalía de Castro os que gocen dun almorzo saudable. O Colexio Luis Pimentel os acollerá os días 13, 14 e 15 de febreiro.

Este ano están inscritos nesta iniciativa do Concello de Lugo, todos os colexios da cidade, un total de 25 entre públicos e privados, e participarán 2.173 rapaces de entre 6 e 8 anos pertencentes aos cursos de primeiro e segundo de primaria.

Esta campaña, que continuará ata o vindeiro 26 de marzo, está realizada para promocionar os hábitos saudables entre os escolares e ensinarlles a importancia que ten un bo almorzo para render con bo ritmo todo o día .

O programa segue a mesma dinámica que en edicións anteriores, e ofrécese ós máis cativos cereais, froita, leite e cacao, que coma o ano pasado é das tendas de comercio xusto.