Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Caixanova organizan o concerto 'Os Intrumentos da Orquestra' para os escolares lucenses


# Domingo, 10/02/2008
Asistirán uns 900 pequenos e terá lugar o luns, 11 de febreiro no Auditorio Municipal Gustavo Freire

O Concello de Lugo e Caixanova continúan a súa programación escolar para a provincia de Lugo presentando en concerto “Os Instrumentos da Orquestra” o día 11 de febreiro, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. As funcións serán ás 10:00 e 12:00 horas, e está prevista a asistencia de 16 centros escolares de Lugo, con máis de 900 alumnos.

O concerto “Os Instrumentos da Orquestra”, a cargo de Carmen Losada, está dirixido aos alumnos de 3º Ciclo de Primaria e forma parte dun ciclo musical que, dende a súa primeira edición, tenta converterse nun recurso educativo que se lle ofrece ao profesorado de música para o seu traballo cotián na aula.

A realización deste ciclo musical-educativo aspira sempre ao traballo en colaboración con todos os profesionais implicados, tanto dende a aula como dende o escenario. En escena, e contando con 20 instrumentistas e un presentador, amósanse as características tanto físicas como sonoras dos instrumentos. Tamén están incluídos no programa a terminoloxía que se utiliza para sinalar as súas partes, o seu agrupamento por familias, a utilización do aplauso e a complicidade nun escenario, entre outros. Quérese ofrecer un espectáculo ameno e de calidade, para que así o recorden como un acontecemento festivo e emocionante. Esta actividade é complementaria á titulada “As formas na música”.

A coordinación do ciclo “Os Instrumentos da Orquestra” corre a cargo da experta en música e pedagoxía Carmen Losada, veterana na elaboración de concertos didácticos para escolares con Caixanova.

Estos concertos compleméntanse cunha unidade didáctica que está a disposición dos profesores no seguinte enlace: www.centrosocialcaixanova.com/actividadesescolares/.

O caderno foi confeccionado co fin de que os nenos poidan obter un maior aproveitamento da actividade, de modo que se consiga o obxectivo didáctico que se pretende.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova