Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PARTICIPA NUNHA CONFERENCIA SOBRE A REFORMA DO IMPOSTO DE SUCESIÓNS E DOAZÓNS


11/2/2008 O Conselleiro de Economía e Facenda será o encargado de analizar o que implica a reforma

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentará o vindeiro luns 11 de febreiro a conferencia do Conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio,sobre a reforma do Imposto de Sucesión e Doazóns.

O obxectivo desta conferencia é analizar profundamente o futuro do Imposto de Sucesións en Galicia, e todo canto implica a reforma deste Imposto que está levando a cabo o Goberno Galego.

O Conselleiro explicará, entre outras cousas, que a medida supón a eliminación do imposto nos cónxuxe e a súa disminución en ascendentes e fillos.

A conferencia terá lugar o vindeiro luns, 11 de febreiro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia.