Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Internet e a prensa escrita son os medios de comunicación preferidos polos lucenses


# Luns, 11/02/2008


Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, www.lugo.es, para coñecer os hábitos de lucenses para manterse informados, sinalan que para o 66,73% dos participantes, os medios máis empregados son Internet e a prensa escrita.

Entre as catro opcións propostas na enquisa “Cal é o seu medio preferido para manterse informado?”, os resultados quedaron do seguinte xeito:

- O 30,85% (con 141) dos participantes, prefiren a prensa escrita.

- A radio é o medio de comunicación máis seguido para o 20,13% (con 92 votos).

- O 35,88 % dos internautas (con 164 votos) prefire coñecer a actualidade informativa a través de Internet, sendo esta a opción máis votada.

- A opción menos votada foi a da televisión, que foi seleccionada polo 13,12 % (con 60 votos).

Nesta enquisa participaron 457 internautas. A web municipal, www.lugo.es, propón unha nova cuestión sobre o medio de tranporte máis empregado polos lucenses para desplazarse pola cidade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova