Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O ciclo Teatro Galego en Lugo arrinca coa representación de Te has perdido el mar (versión en galego)


# Martes, 12/02/2008
Será o mércores 12 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

O Ciclo de Teatro Galego en Lugo arrinca mañá coa representación de Te has perdido el mar (versión en galego) da man de Teatro Ensalle.

É unha peza que trata sobre a condición do actor. Presenta a tres intérpretes en distintos momentos profesionais, etapas que van da ilusión dos comezos ós altibaixos entre o medo e o éxito.

Son tres actores con distintas vivencias: unha, a máis nova, chea de nervios e pensando no día da estrea, disposta a saltar cada paso; outro, máis ou menos experto, enfróntase ó temor de ter que renunciar a unha vida normal polo escenario; e unha terceiram que xa pasou polas dúas experiencias e decidiu convivir co medi e co éxito. A compañía revindica nesta obra o cambio do orde establecido, ainda que sexa peor.

Teatro Ensalle foi creada en en 1995 en Madrid, ainda que de orixes galegos, inaugurou a primeira sala alternativa de Vigo. Os seus traballos mostran a súa preocupación polas situacións de abatemento social.

As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire unha hora antes do espectáculo, que comezará ás 20:30 horas. O importe das entradas variará segundo a zona: zona A 8 euros, zona B 5 euros e zona C 3 euros.

O ciclo, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo e o Instituto galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), continuará 26 de febreiro co espectáculo cómico Kamikace, o 12 de marzo coa obra Pan. Catro propostas arredor da malla, e rematará o 25 de marzo coa representación de A bombilla máxica, do cineasta Woody Allen e adaptada pola compañía de Teatro do Atlántico.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova