Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrinca un novo ciclo de conferencias 'Xornalismo século XXI' organizado polo Concello de Lugo e Caixanova


# Mércores, 13/02/2008
Fernando González Urbaneja inaugúrao coa charla 'A que nos enfrontamos os xornalistas' 'Unha visión ortodoxa'

Terá lugar este xoves, 14 de febreiro, a partir das 20:30 horas no Círculo das Artes

O Concello de Lugo e Caixanova organizan un ano máis o ciclo de conferencias “Xornalismo século XXI” encadrado na programación cultural que desenvolven conxuntamente as dúas institucións na cidade de Lugo.

Estas conferencias sobre xornalismo contarán coa presencia de profesionais da comunicación de recoñecido prestixio para achegar ao público lucense a realidade da profesión do xornalismo dende diferentes perpectivas.

O Presidente da asociación da Prensa de Madrid, Fernando González Urbaneja será o responsable de inaugurar este novo ciclo cunha charla titulada “A qué nos enfrontamos os xornalistas? Unha visión ortodoxa”. O acto terá lugar este xoves, día 14 de febreiro, a partir das 20.30 horas no Círculo das Artes de Lugo e estará aberto a todo o público de xeito gratuíto.

Ademais de Fernando González Urbaneja, tamén participarán nesta actividade outros profesionais do prestixio de María Antonia Iglesias ou Cristina Almeida.

Fernando González Urbaneja

Licenciado en Ciencias Políticas e titulado en Xornalismo, desde 2003 preside a Asociación da Prensa de Madrid. Traballou en varios e prestixiosos medios de comunicación, como El País e Cinco Días, ocupando o posto de director, redactor xefe e redactor. Así mesmo, ao longo da súa carreira profesional exerceu o xornalismo en revistas como Doblón ou Cambio 16, en Antena 3 Televisión e a axencia de comunicación Logos.

Actualmente, González Urbaneja é tertuliano de Onda Cero en El Compás e Protagonistas; e colabora nos diarios ABC, La Estrella e 20 Minutos, ademais de exercer a docencia como profesor asociado na Universidade Carlos III. A paixón pola súa profesión levouno a adentrarse no mundo da literatura e publicou libros como “Rumasa”, “Banca e poder, a paixón por ser banqueiro”, “Ética na empresa informativa”, etc.

En 2004 o Goberno nomeouno membro do Comité de Expertos para a elaboración do informe para a reforma dos medios de comunicación de titularidade do Estado.

Nota para os medios de comunicación: Fernando González de Urbaneja estará a disposición dos medios de comunicación o mesmo día 14 de febreiro, ás 20:00 horas, no Círculo das Artes de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova