Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Ampliado o prazo de inscrición para realizar prácticas en empresas polacas ao abeiro do programa Lugoqualitas


# Mércores, 13/02/2008
Os interesados poderán inscribirse ata o 20 de febreiro

O Concello de Lugo, amplia o prazo de inscrición no proxecto “Lugoqualitas”, encadrado no Programa Leonardo da Vinci, para solicitar bolsas de 13 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en empresas Polonia. Estas axudas van dirixidas a mozos e mozas, de entre 18 e 25 anos, titulados no eido da formación profesional nos tres últimos anos.

Os interesados poden presentar a solicitude dispoñible nos centros de Formación Profesional e na oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo (situada na Casa Consistorial) ata o 20 de febreiro.

Os candidatos deberán posuír un nivel de inglés medio, tanto lido e falado como escrito. Valoraranse, asimesmo, os coñecementos da lingua do país de destino.

O programa formativo constará dunha preparación lingüística no país de acollida e da realización de prácticas laborais especializadas, de acordo co perfil dos beneficiarios e beneficiarias. A designación das empresas nas que se efectuarán as prácticas decidirase en colaboración cos socios intermediarios do Proxecto Lugoqualitas e e tras a realización dunha entrevista persoal profesional con cada un dos beneficiarios.

Para obter máis información pódese chamar ó numero de Atención Cidadá do Concello 010 e na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo 982 297 220.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova