Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Caixanova presentan a obra teatral ¿Agnes de Dios¿ con Cristina Higueras e Fiorella Faltoyano


# Xoves, 14/02/2008
Terá lugar o venres, día 15 a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

O Concello e Caixanova achegan a Lugo a representación da obra teatral “Agnes de Dios” que terá lugar o venres, 15 de febreiro a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Esta actividade forma parte do programa cultural organizado conxuntamente polo Concello de Lugo e Caixanova na cidade.

A obra, dirixida por Fernando Méndez-Leite, está protagonizada por Ruth Salas, Cristina Higueras e Fiorella Faltoyano, e presenta o retrato psicolóxico que realizou o dramaturgo John Pielmeier de tres personaxes femininos de extraordinaria potencia dramática. Estreada a finais dos 70, é premiada cun premio Tony, e posteriormente, a súa adaptación cinematográfica en 1985 é nomeada a tres Oscar da Academia de Hollywood

A adaptación ao cine dirixiuna o veterano Norman Jewison, e foi interpretada por Jane Fonda, Anne Bancroft e Meg Tilly, e nomeada a tres Oscar.

A historia conta como nos arredores de Québec, nun convento de monxas, unha novicia, a irmá Agnes, asasinou ao bebé que acaba de alumar. A moza novicia foi procesada e o xuíz asignou a Martha Livingstone, unha psiquiatra agnóstica, pero educada na relixión católica, a investigación do estado psíquico da presunta asasina. Entre estas dúas mulleres vaise tecendo unha complexa relación de mutua comprensión e feroz antagonismo, que as achega e enfróntaas a un mesmo tempo.

John Pielmeier é o autor de múltiples guións para series de televisión e TV Movies. Entre os seus títulos hai que destacar "A ra", "O profesor de teatro clásico", "Historia dunha pantasma", e "Soidade". Tamén escribiu a comedia musical "Young Rube". Entre os seus traballos para a televisión cabe salientar "Choices of the Heart", "Unha muller inconveniente", "Reunión", "Pecados orixinais", "Misterios de Exipto", "Os pecados do pai" e "Hitler: o ascenso do mal".

Pielmeier recibiu o premio WGA do Gremio de Escritores de América en 1986 pola súa adaptación para a pantalla de "Agnes de Deus" e en 2003 pola súa obra para televisión "Os pecados do pai", e o Humanitas Prize en 1984 por "Choices of the Heart".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova