Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O abastecemento de auga a Lugo estará rematado en menos de tres meses


# Xoves, 14/02/2008
O Director Xeral de Acuanorte destacou que se están cumprindo plenamente os prazos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco e o Director Xeral de Acuanorte, Vicente Sánchez, fixeron hoxe balance das obras de abastecemento de auga a Lugo que está a realizar o Ministerio de Medio Ambiente na cidade.

“Aquel anhelo do Concelleiro de Medio Ambiente de que en Lugo tievésemos auga de calidade e na que confiar, cada vez vai máis para adiante. Nós servimos auga potable aos lucenses, diso poden estar seguros, pero queremos ofrecerlles auga de mellor calidade”.

López Orozco amosou a súa satisfacción polo avance das obras e pola información que a empresa que realiza os traballos facilita cada pouco tempo. Aproveitou ademais para pedir desculpas aos veciños polas molestias que ocasionan estas obras “que saiban que cando rematen, as pistas quedarán en perfecto estado”.

A obra conta cun prazo de execución de 18 meses, que se están cumprindo, segundo explicou o Director Xeral de Acuanorte, de forma plena. “Para o 1 de marzo as obras estarán case rematadas. A aparición do xacemento arqueolóxico da Piringalla retrasa a finalización arredor dun mes, por iso podemos dar a data do 30 de abril como data de finalización real”.

Nesa data a obra de abastecemento estará totalmente concluida e comezará a seguinte fase: a posta en funcionamento. Sánchez destacou que “son obras complexas, cunhas instalacións complexas e que requiren unha gran coordenación cos servizos do Concello para a súa posta en marcha”.

A obra conta cun orzamento de 34.296.038 euros, que inclúe o pago das expropiacións dos terreos e bens necesarios para a execución das obras. Deste presuposto o 70% está financiado con fondos europeos, 10% con aportación de Acuanorte e o resto, o 20%, con cartos do Concello de Lugo.

As obras de mellora foron explicadas polos técnicos de Acuanorte. Consisten nunha nova captación na marxe dereita do Miño, unha nova pranta de tratamento de maior capacidade e máis moderna, un novo depósito que aumenta a capacidade de regulación da auga potable do sistema de abastecemento a Lugo en case 35.000 metros cúbicos, e unha captación da pranta de tratamento, da EDAR, que será conducida augas abaixo para conseguir un sistema integral que permita pechar o ciclo da auga.

Tanto os responsables municipais como os estatais, destacaron a necesidade que tiña a cidade de contar con auga de calidade.

Actitude responsable
O Alcalde destacou ademais, que este novo sistema “un dos máis modernos de España”, suporá un incremento case imperceptible nos recibos da auga, xa que neste momento estase a producir unha diminución moi importante no consumo. “Grazas á actitude responsable dos lucenses, comprobamos un aforro extraordinario no gasto, pasando de 35.000 metros cúbicos de auga impulsada ao día, a 29.000. Ademais é moi importante a renovación da rede que se está a facer e que evita a perda de auga”.

Trátase dun dos sistemas de abastecemento máis completo dos que se están poñendo en marcha na actualidade em toda España e garantizará auga de calidade e un bo servizo durante máis de 40 anos. O obxectivo é que “todos os lucenses beban unha auga extraordinaria”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova