Cargando....
Concello de Lugo
06/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 2000 atletas participarán na terceira proba de Corre con Nós


# Venres, 15/02/2008
A carreira terá lugar o domingo 17 de febreiro

O vindeiro domingo, 17 de febreiro, terá lugar a terceira proba do circuito Corre con Nós 2007-2008 organizado polo Concello de Lugo. A carreira terá lugar no Centro Comercial As Termas, un dos patrocinadores do circuito.

A organización ten previsto abrir o prazo de recollida de dorsais e chips de todos aqueles que non o fixeran con antelación, o mesmo domingo a partir das 11:00 horas na carpa central, situada no aparcadoiro superior do centro comercial ata as 11:30 horas.

A proba que conta, a día de hoxe, con 1084 adultos inscritos e 1200 rapaces.

Os percorridos das catro carreiras que se disputan, pódense descargar na páxina web oficial da carreira: http://deportes.lugo.es/correconnos/. Ademais, neste espazo virtual pódense consultar as clasificacións individuais e por equipos dos adultos, así como as clasificacións xerais dos rapaces/as.

A categoría A, dos máis pequenos, sairá a partires das 12:00 horas percorrendo unha distancia de 517 metros. A categoría B ás 12:10 horas dando unha volta cunha distancia de 1752 metros e a categoría C ás 12:25 horas percorrendo unha distancia de 2670 metros.

Pola súa banda a proba dos adultos comezará ás 12:40 horas e percorrerán unha distancia de 5657 metros.

Desde as 10:00 horas do Domingo haberá unha soa entrada e saida do centro comercial As Termas, de xeito que se poderá acceder únicamente pola entrada de abaixo preto da rotonda, e só se poderá sair pola saída superior do aparcadoiro de arriba.
Esta terceira proba do circuito Corre con Nós, que conta co patrocinio do Centro Comercial de As Termas, Coca Cola e New Balance, servirá de preparación para a gran cantidade de carreiras que se celebran na comunidade galega nestas datas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova