Imprimir

MÁIS DE 1.400 ESCOLARES DE LUGO DISFRUTARÁN DE UN DÍA EN LA ÓPERA


15/2/2008 As representacións terán lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire do 19 ó 21 de febreiro

Esta semana continúa a oferta de Programas Didácticos para os escolares de Lugo, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Loli Vieiro, e Obra Social e Cultural de Ibercaja. Nesta actividade participan ao redor de 3.000 alumnos de Educación Primaria e Secundaria, entre xaneiro e febreiro de 2008.

O obxectivo desta iniciativa é complementar dun xeito ameno e con programas de calidade as ensinanzas que reciben nos centros académicos, e así contribuír á formación integral dos alumnos de 3 a 18 anos.

Durante este ano puxéronse en marcha en Lugo dous programas relacionados co teatro e a música: o espectáculo "Cántame un Conto", a cargo da compañía Defábula, que debutou o pasado xaneiro, e a obra de teatro "Un día en la Ópera" a cargo do grupo de voces CantArte, que se representará do 19 ao 21 de febreiro no Auditorio Municipal. Gustavo Freire e do que disfrutarán un total de 1.440 rapaces.

O día 20 de febreiro, a compañía realizará tamén unha sesión gratuíta ás 19:30 horas.

O nacemento da ópera
Co programa "Un día en la Ópera", búscase desenvolver as capacidades estéticas de nenos e novas e crear unha afección neles que se irá enriquecendo ao longo da súa vida. As sesións van dirixidas a alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Da man da Compañía CantArte, os novos espectadores introduciranse no mundo da ópera en clave de humor. O espectáculo desenvólvese dun xeito vivo e estimulante: os participantes gozarán coa experiencia, aprenderán que é unha ópera, as súas conexións co mundo da música e o teatro e as súas características; tamén coñecerán os diferentes tipos de diferentes voces.

Por último, recibirán un caderno didáctico con explicacións e exercicios sobre o aprendido para poder traballar na aula.