Imprimir

O CONCELLO DE LUGO E CAIXANOVA PRESENTAN A PRIMEIRA MONTAXE GALEGA DE ¿ROBIN HOOD¿, O CLÁSICO DA LITERATURA INFANTIL


21/2/2008 Terá lugar este venres, 22 de febreiro, a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

O Concello de Lugo e Caixanova presentan a primeira montaxe dunha compañía galega da obra de teatro “Robin Hood”. A represntación terá lugar este venres, 22 de febreiro, ás 19.00 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.

Forma parte da programación cultural do primeiro semestre de 2008 que ambas institucións organizan na cidade e que inclúe un apartado especial dirixido ao público infantil co que se pretende reforzar a asistencia dos menores ás obras escénicas desde unha idade temperá.

A obra, con música orixinal de Xosé Lueiro, que tamén se encarga da dirección, estará protagonizada por Nuria Sanz, Patricia Vázquez, Rocío González, Ana Puente e Fran Ameixeiras.

Tomando o bosque como nexo de unión, esta é unha función de teatro para toda a familia, que reinterpreta o mito procurando conservar a esencia orixinal deste clásico da literatura infantil dun modo innovador. Trátase dun espectáculo onde a parte musical adquire case tanto protagonismo como a parte meramente teatral. Oito cancións de estilo pop protagonizadas polos cinco actores dan vida aos personaxes que desenvolven unha xeira de coreografías que destacan pola súa orixinalidade.

Despois de cinco anos nas cruzadas, Robin Hood volve á súa cidade natal. Ao pouco tempo de chegar, descobre con sorpresa que o malvado príncipe Xoán está explotando a cidade de Nottingham con abusivos impostos. Ante a ausencia do seu irmán Ricardo, monarca titular da coroa, o príncipe maquina un plan para facerse co trono, plan que demanda entre outras esixencias a voda coa súa prima Lady Marian. A aparición de Robin Hood, unida á colaboración de Little John e Trasno, fará que as cousas se precipiten de forma ben distinta a como poderían ter sido se un heroe non pasara por alí camiño dalgún lugar.

Moitas familias tendrán a oportunidade de gozar dun xénero, o da comedia musical, que ata agora non tiña referentes inmediatos na escena galega. Para iso a compañía conta en calidade de asesora de dirección e producción, coa directora da compañía de teatro familiar madrileña Wonderland Producciones, responsable de musicais coma Merlin, el encantador, El Zorro, El Arca de Noé, Queen: we will rock you, Fama, etc.

As entradas poderán adquirirse ao prezo de 5 euros dende unha hora antes do comezo da función na taquilla do auditorio.