Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión do Rueiro estudará o nome para 24 novas rúas


# Xoves, 21/02/2008
A xuntanza celenbrarase o vindeiro venres 29 de febreiro

A Comisión do Rueiro aplazou ata a próxima semana a toma de deción para o nomeamento de 24 rúas da cidade. A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, explicou que “o aplazamento consensuouse para que os grupos políticos e os representantes dos veciños estuden adecuadamente os nomes das rúas”.

Nesta xuntanza estudouse manter os topónimos populares naquelas zonas nas que se abren novas rúas, non conceder nomes de rúas a persoas que ainda están con vida e manter a mesma temática nunha mesma área.

As rúas para as que se presentaron as propostas de nomeamento atópanse na zona centro, como a praza nova do seminario, Abuín, Fontiñas, arredores da Praza do Castiñeiro, Piringalla, Milagrosa, Montirón, zona do polígono do CEAO, Estrada da Coruña, Louzaneta e Rosende. Algúns dos nomes barallados para as rúas de nova construcción atópanse: rúa Lorenzo Varela, Leiras da Petra, Piñeiral Grande ou rúa dos Torneiros.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova