Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan avanza centra a terceira xornada divulgativa organizada polo Cetal


# Xoves, 21/02/2008
Un experto presentou conclusións sobre a aplicación das novas tecnoloxías nas industrias agroalimentarias e nos centros de investigación

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, abriu a terceira charla do ciclo de xornadas divulgativas organizado polo Cetal. Esta iniciativa estase a desenvolver ao longo de catro citas fundamentais para os profesionais e empresarios da agricultura, gandeiría e alimentación, durante as que o Cetal servirá de plataforma informativa para a difusión dos últimos avances acontecidos no sector agroalimentario.

A charla tivo lugar este xoves, 21 de febreiro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Cei e foi impartida polo Subdirector General de Acceso á Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Luis Prieto Cuervo. Baixo o título de “Plan Avanza: a súa utilidade para as industrias agroalimentarias e os centros tecnolóxicos”. Luis Prieto presentou información relativa á aplicación das novas tecnoloxías nas industrias agroalimentarias e centros tecnolóxicos, ademais, explicou as axudas propostas polo Goberno estatal encadradas no Plan Avanza.

O técnico do ministerio sinalou que o Plan Avanza conta cun presuposto de 1.700 millóns de euros para o ano 2008 dos cales ata un tercio destinaranse a subvencións a fondo perdido, mentres o importe restante servirá para finaciar préstamos a 0% de interese a longo prazo. Estes orzamentos están destinados a fomentar entre as empresas españolas a incorporación das novas tecnoloxías e a promocionar o investimento en I+D para propiciar un aumento na calidade dos servizos e mellorar a competitividade das empresas españolas.

Luis Prieto apuntou que mentres en Europa a media de pymes con páxina web propia ascende ao 64%, en España a porcentaxe está no 43%, sendo precisamente o sector da construción e o agrogandeiro os que menos investimentos destinan á aplicación das novas tecnoloxías.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova