Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o prazo para inscribirse na Viaxe á Neve organizada polo Concello de Lugo


# Xoves, 21/02/2008
Os interesados poden formalizar a súa solicitude ata este venres, 22 de febreiro, na OIX

O prazo de inscrición para participar na quinta edición da Viaxe á Neve que organiza a Concellería de Xuventude remata este venres, 22 de febreiro, as 19:30 horas. Os interesados poden formalizar a súa solicitude na Oficina de Información Xuvenil (OIX) situada no Centro Social Uxío Novoneyra.

Nesta edición os beneficiarios gozarán dunha estancia de tres xornadas na estación de esquí de San Isidro os días 7, 8 e 9 de marzo (o grupo de 15 a 17 anos de idade) e os días 28, 29 e 30 de marzo (o grupo de 18 a 30 anos de idade).

Este ano ofértanse 100 prazas en total, que se repartirán á metade entre o grupo de menores de idade e o de maiores de 18 anos. Un dos requisitos fundamentais é que as persoas que se apunten por vez primeira terán prioridade ante os que xa participaran en edicións anteriores. No caso de que as solicitudes superen as prazas realizarase un sorteo entre todos os inscritos.

Outras condicións, aparte da idade, son a de estar empadroado en Lugo ou no seu defecto certificar que se traballa ou estuda na cidade.

O prezo da viaxe é de 100 euros e, ademais do transporte e do aloxamento con pensión completa, inclúe o aluguer do equipo, o forfait e un curso de esquí de dúas horas diarias. O grupo de viaxeiros menores de idade irá acompañado en todo momento por un equipo de monitores especializados.

Unha vez realizado o sorteo abrirase o prazo para efectuar o pago da tarifa de inscrición que será entre o 25 e o 29 de febreiro, para o grupo dos menores de idade, e do 13 ao 24 de marzo para o grupo dos maiores de idade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova