Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de douscentos atletas participarán na XVIII Campionato de Duatlón Cidade de Lugo


# Venres, 22/02/2008
Terá lugar o domingo, 24 de febreiro, nos arredores do Estadio Anxo Carro

Esta proba encádrase dentro do Circuíto Galego de Duatlón

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou o XVIII Campionato de Duatlón Cidade de Lugo que acollerá a cidade o vindeiro domingo, 24 de febreiro, e se desenvolverá nos arredores do Estadio Anxo Carro.

Esta proba encádrase no Circuíto Galego de Duatlón e contará coa participación dun total de 30 duatletas femininas e 140 duatletas masculinos, así como dunha ampla representación dos clubes Galegos.

O edil destacou que este campionato está plenamente consolidado e xa é unha referencia dentro do mundo do atletismo “capaz de atraer aos mellores representantes desta disciplina”, ademais lembrou que “por segundo ano consecutivo dedícase á memoria do corredor lucense Alejandro López”. A organización corre a cargo da Federación Galega de Tríatlon e pola Asociación Deportiva Fefeme e conta coa colaboración do Concello de Lugo, a Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego.

Os atletas terán que competir en dúas carreiras sobre distancia sprint (5 quilómetros a pé -20 quilómetros bicicleta-2,5 quilómetros a pé ) nun circuíto sinalizado nos arredores do Estadio Anxo Carro.

O horario de saídas está establecido da seguinte maneira:

- Ás 10:00 horas está prevista a saída do grupo Élite Masculina.

- Ás 11:30 horas sairá o categoría de Élite feminina.

- Ás 11:40 horas sairán o resto de duatletas.

O percorrido será igual para todas as carreiras e constará de dúas voltas de carreira a pé, no primeiro sector, polos arredores da Pazo de Feira e Exposicións; tres voltas de bicicleta na estrada de Ombreiro, dende o aparcamento do Estadio Anxo Carro ata a Ponte da Estación Elevadora de Augas e un último sector de carreira a pé con unha volta ó primeiro percorrido.

Os duatletas Francisco Vázquez, do Anigasa Champion Chip de Lugo, Emilio Montilla e Jesús Gomar, do Cidade de Lugo, son tres dos triatletas con claras opcións á desputa do podio. Na categoría feminina, en ausencia de Margarita Pérez Bardanca, Campiona Galega 2007 da Modalidade, as duatletas internacionais do Cidade de Lugo Fluvial, Aida Valiño, campiona na 1ª proba do Circuíto, Saleta Castro e Alba Cuba estarán sin lugar a dúbidas na cabeza da élite Feminina.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova