Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Cudillero xunto a varios concelleiros e os alcaldes de barrio visitan a cidade


# Sábado, 23/02/2008
O Alcalde de Lugo recibiunos nun acto que tivo lugar este sábado, 23 de febreiro, na Casa Consistorial

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu este sábado, 23 de febreiro, ao Alcalde de Cudillero, Francisco González Méndez, que está de visita turística na cidade xunto a varios concelleiros e os alcaldes de barrio do municipio asturiano.

O acto tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial, onde López Orozco departiu co seu homónimo asturiano sobre temas de interese compartidos por ambos mandatarios como a rehabilitación dos centros históricos e a súa revitalización social e económica; as medidas de potenciación das zonas rurais ou os grandes proxectos de infraestruturas para as dúas cidades.

A comitiva cudillerense desprazouse ata Lugo para gozar dunha viaxe turística para descubrir a cidade amurallada e “tomar nota de todo canto se está a facer en Lugo e poder pasear pola Muralla” tal e como indicou Francisco González.

O Alcalde lucense animounos a coñecer o centro histórico e a integrarse na tradición lucense de tapear.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova