Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Campionato Europeo Sub-20 de balonmán 2008 celebraráse en Lugo coa participación das seleccións de Eslovaquia, Georgia, Italia e España


# Luns, 25/02/2008
A xornada do venres 21 estará protagonizada polo encontro entre as seleccións femininas absolutas de Galiza e Catalunya

O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, deu a benvida aos asistentes ao acto de presentación de campionato europeo Sub-20 de Balonmán 2008. Neste acto de presentación Luis Corujo Díaz, na súa calidade de representante do comite organizador do campionato, explicou aos asistentes os pormenores que definirán o desenvolvemento da competición. Estiveron presentes Eduardo Fernández Abel – xefe do servizo de Deportes da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza-, Antonio Veiga Outeiro –responsable da área de cultura e deporte da Deputación de Lugo, Xosé Manuel Díaz Grandío -concelleiro de deportes de Lugo-, José Luis Pérez Ouro –presidente da Federación Galega de Balonmán-, Jesús López Ricondo –Presidente da federación Española de Balonmán.

A área de Deportes da Deputación deu apoio á presentación das actividades programadas entorno ao campionato que se celebrarán en Lugo entre os días 17 e 23 de marzo. Na súa intervención na presentación o vicepresidente, o nacionalista Antón Bao, agradeceu aos representantes da federacións española e galega de balonmán o feito de contar coa cidade de Lugo para a celebración deste campionato “é un orgullo para a cidade de Lugo e para o país galego albergar a celebración de campionatos deportivos que, como este, xunten en Lugo a mozos procedentes de toda europa”.

A celebración dun campionato destas carecterísticas, que reunirá en Lugo a xogadores das seleccións sub-20 Eslovquia, Georgua, Italia e España estados participantes. Como calquera evento destas características, a celebración do campionato, converterase nun soporte publicitario, de indubidable incidencia, para a promoción de Lugo a nivel turístico nos estados de orixe dos participantes.

UN REVULSIVO PARA INCENTIVAR A PRÁCTICA DO BALOMÁN EN GALIZA
Dentro dos actos programados en torno á celebración do campionato o venres día 21 terá lugar un encontro das seleccións femininas absolutas de Galiza e Catalunya. Ademais deste encontro haberá actividades relacionadas co balonmán como: un campus de xogadores infantís, alevíns e benxamíns, un clinic técnico con intervención de árbitros, e entrenadores de categorías internacionais e unha exposición de recortes de prensa e fotografías da escola lucense de balonmán correspondentes aos anos 60, 70 e 80.

Na súa intervención o responsable da área de cultura e deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, sinalou a importancia da celebración dun campionato a nivel europeo, na cidade de Lugo, para reforzar o traballo dos clubes e escolas deportivas que tratan de incentivar a práctica do balonmán nos distintos concellos galegos. Veiga coincidiu co Xefe de Deportes da Xunta de Galiza, Eduardo Fernández Abel, e felicitar “á vella garda do balonmán lucense por volver a coller as rendas da organización deste campionato que traerá a Lugo ás mellores promesas do balonmán europeo”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova