Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra os 100 anos de loita polos dereitos das mulleres cun programa cargado de actos


# Luns, 25/02/2008
As actividades desenvolveranse do 2 de marzo ao 12 de abril

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou o programa elaborado polo seu departamento para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, un programa de actos que se alongará ata o día 12 de abril.

O día 2 de marzo, domingo, arrincarán os actos do programa coa V Marcha pola igualdade, coa que colabora a Concellería de Deportes e que sairá da Praza Maior. Os participantes na marcha poderán degustar productos de Comercio Xusto como unha actividade de apoio aos principios de cooperación cas productoras e cos productores que rexen este comercio.

Os premios Entre Mulleres entregaranse o 7 de marzo. A cita será ás doce da mañá na Casa do Concello onde será colocada unha placa conmemorativa polo centenario da celebración deste día.

O sábado 8 de marzo, ás 20:00 horas, celebrarase o Festival “eMfeminino” na praza de Santa María. É unha cita na que se mesturarán diferentes estilos artísticos coas mulleres como protagonistas:

-Música (Soul-Hip Hop).- Arianna Puello, Ikah, Mefe, Aniki, Woyza, Delise.
-Danza (Break Dance) Master class ofrecida por Peppa. Bailarinas: Peppa, Movie One, Ther.
-Arte (graffiti) Artistas: Rosyone, Lahe, Era.

Do 16 ao 30 de marzo,a sala de exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra, acollerá a exposición O traballo invisible das mulleres coa colaboración da Consellería de Traballo.

O sábado día 30 celébrase por terceira vez o Itinerario de mulleres. Este terá lugar entre o parque Rosalía de Castro e o Museo Provincial despois de percorrer diversas prazas e rúas.

O sábado 5 de abril realizarase un encontro con mulleres dos distintos sectores do agro e mariñeiras. E para rematar co programa, o sábado 12 de abril, na Praza Maior terán lugar unha serie de actividades para as familias: contacontos xogos…

O programa organizado polo Concello de Lugo complétase con obradoiros de Lecturas Non Sexistas, de risoterapia, sobre o Sexismo nos medios de Comunicación e un curso de prevención e detección da Violencia de Xénero para o persoal do Concello de Lugo.

Cen anos de loita
A Concelleira de Muller e Benestar Social tamén presentou a campaña de conmemoración dos cen anos da loita pola igualdade e o recoñecemento dos dereitos das mulleres. Basadre explicou que “cada unha destas bonecas, chamadas Necas representa un ano de traballo pola igualdade”. As cen bonecas estarán durante o día de hoxe instaladas diante da Casa do Concello, despois repartiranse polos Centros Sociais, Ociotecas e diversos departamentos do Concello.

A Concelleira quixo recordar que ”a igualdade entre homes e mulleres é un dereito para todos e constitúe un valor fundamental para a democracia”. Engadiu que “para cumplir plenamente con este dereito non só ha de ser recoñecido legalmente senon que hay que exercelo efectivamente e implicar a todos e a todas en todos os aspectos da vida: política, económica, social e a cultural”. “A pesar de estos esforzos ainda non é unha realidade e temos discriminacións, e precisamos unha participación equilibrada na toma de decisións na sociedade e nos planes en materia de igualdade é necesario seguir poñendo medios e recursos”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova