Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa dos Almorzos Saudables continúa esta semana en tres colexios


# Martes, 26/02/2008


A quinta edición do programa de Almorzos Saudables, posto en marcha pola Concellería de Servizos Xerais, continúa esta semana en tres colexios lucenses nos que participarán 158 pequenos.

O mércores serán os escolares do Colexio María Auxiliadora os que gocen dun almorzo saudable. O Colexio Galén acolleraos o xoves, día 28 de febreiro, no que participarán 45 nenos. O programa rematará a semana visitando o Colexio de Fingoi, no que 55 pequenos descubrirán os fundamentos dun almorzo saudable.

Este ano están inscritos nesta iniciativa do Concello de Lugo, todos os colexios da cidade, arredor de 25 entre públicos e privados, e participarán 2.173 rapaces de entre 6 e 8 anos pertencentes aos cursos de primeiro e segundo de primaria.

Esta campaña, que continuará ata o vindeiro 26 de marzo, está realizada para promocionar os hábitos saudables entre os escolares e ensinarlles a importancia que ten un bo almorzo para render con bo ritmo todo o día .

O programa seguirá a mesma dinámica que en edicións anteriores, e ofrecerase aos máis cativos cereais, froita, leite e cacao, que coma o ano pasado será das tendas de comercio xusto.

Como en anos anteriores, repartiranse entre os rapaces lápices e bolígrafos do programa, así como xogos didácticos. Nesta ocasión regalarase tamén unha taza para o almorzo coa mascota Cunquín. O Concello quere así colaborar no coidado do medio ambiente e evitar o uso de materiais non reciclables ou contaminantes no desenvolvemento deste programa con tan boa acollida en toda España.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova