Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha xornada organizada polo Concello de Lugo e a Fundación InnovaPyme analizará o potencial innovador das Pemes


# Martes, 26/02/2008
O curso terá lugar o vindeiro xoves 28 de febreiro

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o xerente da Fundación INNOVAPYME de Galicia, José Manuel Cajide, presentaron a xornada Innovación: motor de competitividade empresarial que terá lugar no CEI-Nodus o vindeiro xoves 28 de febreiro.

Os asistentes coñecerán da man de José Ramón Pais Curto, Vicepresidente da Fundación InnovaPyme, as axudas á innovación empresasial ás que poden optar as Pemes. Antonio Mateos, Director de Denvolvemento de negocio de CTAG, Alberto Martínez Pintos da área comercial de AIMEN, e Carlos Ruiz Blanco, adxundo da dirección xeral de Anfaco-Cecopesca, falarán sobre os Centros Tecnolóxicos como apoio á innovación na Peme.

Cajide presentará o Programa de Dinamización da Innovación: innicia e innercia antes do coloquio que porá fin á xornada.

Os interesados en obter información e inscribirse na xornada poderán facelo no teléfono 982 297 468 ou na páxina www.cei.lugo.es.

A Concelleira indicou que “esta xornada cumple coas demandas dos empresarios lucenses para obter información de cómo mellorar a xestión do seur negocios en temas de financiación, innovación, etc. Ademáis cumple co compromiso do Concello de Lugo de abrir o CEI-Nodus as empresas da cidade”.

Fundación InnovaPyme
Coa denominación "FUNDACIÓN INNOVAPYME GALICIA" constitúese unha organización de natureza fundacional, de interese galego, sen ánimo de lucro, de carácter permanente e duración indefinida. A "FUNDACIÓN INNOVAPYME GALICIA" ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, á marxe das entidades que forman parte do seu padroado.

InnovaPyme foi fundada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación e Industria (Dirección Xeral de I+D+i), Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET), Asociación de empresarios de servizos e medios informáticos da provincia de Pontevedra (ASEINPO), Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra (Caixanova), a Fundación para a innovación, investigación e desenvolvemento tecnolóxico da industria de automoción de Galicia (CTAG), Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN) e Asociación Nacional de Fabricantes de conservas de Peixes e Mariscos, Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos de Pesca (ANFACO-CECOPESCA).

Os beneficiarios directos da súa actividade son todas as empresas, persoas físicas e xurídicas, residentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo de que os os devanditos beneficios se estendan indirectamente aos residentes na Eurorregión Galicia-Norte de Portugal.

Hoxe en día, as Pymes son a base da economía europea, pois ofrecen o 66% do emprego no sector privado e o 50% das novas ofertas de traballo. Así mesmo, case a metade dos dous millóns de Pemes industriais de Europa introduciron a innovación nos seus mercados. Por este motivo, un mellor acceso á investigación e o desenvolvemento, a potenciais socios empresariais e a expertos pode axudar a estas compañías a lograr un maior crecemento e crear novas oportunidades para a fundación de empresas.

A FUNDACION INNOVAPYME axuda ás pymes innovadoras a superar as dificultades na posta en marcha e financiamento de actividades de investigación. Os beneficiarios serán empresas de todos os sectores, incluídos os tradicionais, que desexen innovar pero que non dispoñan das capacidades investigadoras abondas para iso. É necesario fomentar o potencial innovador axudando ás Pemes a acceder a financiamento, coñecemento, axudando a converter as ideas innovadoras das Pemes en realidades comerciais.

Así mesmo, a FUNDACION INNOVAPYME pretende ser un apoio aos Centros Tecnolóxicos como organismos realizadores de I+D e como organismos intermedios especializados fomenta a innovación nas Peme e serve de estimulo á transferencia de coñecemento e de tecnoloxía ás empresas.

Por outra parte foméntase o apoio ás asociacións empresariais innovadoras, as cales deben estar constituídas por empresas, centros de investigación e institucións de formación integrados en proxectos comúns de innovación e localizados nun determinado ámbito territorial. A vertebración do tecido empresarial en torno a esta fundación facilita a transferencia de coñecemento, a xeración de proxectos de investigación, a dispoñibilidade de traballadores cualificados e a dotación de servizos comúns, á vez que favorece o establecemento de relacións de cooperación interempresariais co que poden paliarse as desvantaxes derivadas da escasa dimensión das empresas galegas.

A investigación e a innovación son motores fundamentais do crecemento económico. A inversión en I+D+i non só xera riqueza e emprego de alta calidade, senón que tamén actúa como catalizador para aumentar a produtividade doutros sectores económicos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova