Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo quere acordar a expropiación do vello cárcere


# Martes, 26/02/2008
O Alcalde salientou que o obxectivo é rehabilitalo e poñelo a disposición da cidadanía

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego Sonia Méndez, anunciaron que na vindeira Xunta de Goberno Local se aprobará o inicio do expediente de expropiación do vello cárcere.

Este cárcere, a última cádea modelo que queda en España, non é propiedade totalmente do Concello, senón que pertence ao antigo partido xudicial de Lugo -O Corgo, Castroverde, Castro de Rei, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei e Pol-, pero é o Concello da capital o que vai a facer as obras de rehabilitación, incluídas no Plan Urban, co fin de que teña utilidade pública “é a mellor maneira de facer os traballos previstos e conservala no futuro como unha dotación cultural para todas e todos”. Este dato lexitima a expropiación forzosa que está xustificada na Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

López Orozco, suliñou que se trata dun proceso administrativo máis, que se pode resolver de mutuo acordo sen ningún tipo de problema “non haberá enfrontamento pola nosa parte. Hai un prezo non posto arbitrariamente, senon posto por un taxador oficial, e poderá ser aceptado polos concellos. No expediente das Gándaras o Concello de Lugo polo interese xeral chegou de mutuo acordo a que se procedera a unha expropiación”. O Alcalde destacou que o interese do Concello é “chegar a un acordo con todos os alcaldes”.

Cada un destes concellos ten unha porcentaxe do inmoble. Cando foi desafectada polo Ministerio de Xustiza, a cada concello correspondeulle unha participación, tendo en conta o que aportaron en cada momento.

Propiedade

Porcentaxe

Valoración

Concello de O Corgo, Lugo

10,72632 %

161.497,08 €

Concello de Castroverde, Lugo

9,01102 %

135.671,27 €

Concello de Castro de Rei, Lugo

11,21617 %

168.872,34 €

Concello de Friol, Lugo

13,82980 %

208.223,54 €

Concello de Guntín, Lugo

8,84502 %

133.171,95 €

Concello de Outeiro de Rei, Lugo

8,11919 %

122.243,74 €

Concello de Pol, Lugo

7,43079 %

111.879,09 €

TOTAL

1.041.559,01 €



A valoración do vello cárcere é de 1.041.559,01 euros, unha vez descontada a porcentaxe que lle corresponde ao Concello de Lugo e que ascende a 464.055,98 euros.

A totalidade do recinto carceario, aproximadamente 2.250 metros cadrados de solo, está afectada pola Ordenanza de Zona 10 que se refire a unha edificación para dotacións comunitarias. Da superficie total, hai que descontar 770,54 metros cadrados relativa á porcentaxe que lle corresponde ao Concello de Lugo, sendo polo tanto a superficie total a expropiar de 1.729,46 metros cadrados.

O Alcalde explicou que se comunicará hoxe o trámite aos alcaldes do antigo partido xudicial, coa esperanza de chegar a mutuos acordos e contar coa propiedade do cárcere o antes posible.

A rehabilitación do vello cárcere é o núcleo do Proxecto Urban presentado polo Concello de Lugo ante o Ministerio de Economía e Facenda, que ten como obxectivo a revitalización do centro histórico e a transformación deste edificio nun centro cultural polivalente.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova