Imprimir

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLE UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS PARA NENOS


27/2/2008 Esta actividade está encadrada no programa de Animación á Lectura e Contacontos desenvolto pola Concellería de Cultura

A Biblioteca Municipal acolle este xoves, 28 de febreiro, unha sesión de contacontos encadrada no programa de Animación á Lectura e Contacontos deseñado pola Concelleira de Cultura e Turismo e que arrincou o pasado 14 de febreiro.

Este xoves, Marta Cuenca ofrecerá un repertorio de contacontos para toda a familia titulado “Dúas palabras” a partir das 19:00 horas.

Este amplo programa de actividades vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos e enmárcase nas políticas de impulso da Biblioteca desenvoltas polo Concello de Lugo e que xa están dando os seus froitos co aumento do número de préstamos e socios rexistrado.

O programa anual de animación á lectura e contacontos contempla, para o primeiro semestre do ano, numerosas actividades entre o 14 de marzo e o 19 de xuño: contacontos, espectáculos de maxia e monicreques, representacións teatrais, etc.