Imprimir

AS PEMES ANALIZAN A INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN COMO MOTORES FUNDAMENTAIS DO CRECEMENTO ECONÓMICO


27/2/2008 A xornada, organizada polo Concello de Lugo e a Fundación InnovaPyme, terá lugar mañá no CEI-Nodus

A Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, e a Fundación InnovaPyme de Galicia organizan a xornada Innovación: motor de competitividade empresarial que terá lugar no CEI-Nodus a partir das 17:30 horas de mañá xoves 28 de febreiro.

Os asistentes coñecerán da man de José Ramón Pais Curto, Vicepresidente da Fundación InnovaPyme, as axudas á innovación empresasial ás que poden optar as Pemes. Antonio Mateos, Director de Denvolvemento de negocio de CTAG, Alberto Martínez Pintos da área comercial de AIMEN, e Carlos Ruiz Blanco, adxundo da dirección xeral de Anfaco-Cecopesca, falarán sobre os Centros Tecnolóxicos como apoio á innovación na Peme.

Cajide presentará o Programa de Dinamización da Innovación: innicia e innercia. Un coloquio ás 19:00 horas porá fin á xornada.

Os interesados en obter información e inscribirse na xornada poderán facelo no teléfono 982 297 468 ou na páxina www.cei.lugo.es.