Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo investirá máis de 400.000 euros para a mellora de rúas viais e beirarrúas


# Xoves, 28/02/2008
Un novo paso de peóns unirá Estrada da Granxa coa rúa Armórica atravesando a mediana da Ronda de Fingoi

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou hoxe que o Concello de Lugo ten en marcha unha inversión de 415.180 euros para a repavimentación de viais e beirarúas. Explicou que en moitas delas, que teñen un desgaste evidente, “o rebacheo non é suficiente para á súa rexeneración, senón que hai que levantar, facer un fresado e poñer pavimento novo”.

As rúas nas que se levarán a cabo as actuacións son as seguintes:

- Lamas de Prado
- Rúa Cornubia
- Rúa Montirón
- República Arxentina
- Mariña Española
- Xoana de Castro
- Inés de Castro
- Rúa Escocia
- Benigno Rivera
- Rúa Río Sil

O Concelleiro presentou, ademáis, unha obra que soluciona o obstáculo da mediana que existía no paso de peóns na Ronda de Fingoi á altura de Estrada da Granxa. Con esta obra dáselle continuidade ata a rúa Armórica para que os cidadáns poidan cruzar con seguridade e comodidade. Piñeiro explicou que se trata dunha obra pequena en canto o presuposto, de 7.684 euros, pero importante en canto o servizo que da aos cidadáns.

Con esta actuación satisfácese a demanda dos veciños da zona para poder cruzar a Ronda de Fingoi nesa altura sen dificultades.

O Concelleiro indicou que con estas actuacións continúase co compromiso do Goberno Local de mantener e rexenerar todos os barrios da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova